AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

11/09/2008

Unha fotografía de Feijoó preside o despacho da tenente de alcalde



Non é a primeira vez que un veciño nos comenta entre risos que o retrato de Feijoó saúda a calquera veciño que entre ao despacho da tenente de alcalde/alcaldesa en funcións, e loxicamente no BNG considerámolo unha broma sen maldade. Mais no día de onte a páxina oficial do concello de Carnota ilustrou unha nova cunha imaxe da sra. Piñeiro no seu despacho, e na que efectivamente se pode observar a dita fotografía do portavoz popular con toda claridade, acompañada pola propia concelleira no que parece ser un acto electoral do PP (pois aparecen na imaxe varios elementos de campaña).

No BNG preguntámonos a que se debe, pois non nos consta que esa dependencia sexa o despacho particular da sra. Piñeiro, nin tampouco que o señor Feijoó ostente ningunha responsabilidade institucional en Carnota ou en Galiza, dito isto sen ánimo de ferir ningunha sensibilidade. Mais parecen quedar claras as preferencias do equipo de goberno de Carnota para saír na foto, persoas do seu partido aínda que non teñan responsabilidades institucionais. Tal vez iso explique a súa negativa a colaborar coas demais administracións que nos afectan: o PP non goberna en ningunha delas. Mágoa para Carnota e por todo o que se perde de facer.

A Casa Consistorial é a casa de todos os veciños, voten a quen voten, e o mesmo se pode dicir da tenencia de alcaldía que exerce a señora María Soledad Piñeiro, pagada por todos os veciños e debida unicamente a eles. Non se comprende unha politización tan inxustificada de ningún espazo público, pero moitísimo menos a do órgano institucional máis próximo á cotidianidade veciñal: a Casa Consistorial está para traballar pola mellora do noso concello e na solución das problemáticas veciñais e non para facer puro proselitismo.

Por último, lembrar que unha das primeiras medidas políticas do novo goberno fora desterrar no faiado (literalmente) o interesante cadro que antes presidía o despacho da alcaldía; unha doazón feita a Carnota que representaba artisticamente diversos elementos característicos do noso patrimonio. Se cadra iso para o PP era politizar o Concello. Poñer a foto de Feijoó nos despachos non.

Tomémolo con humor, que a cousa non é para menos.
Etiquetas: , ,

Hai 3 opinións.

  1. O que fai a ignorancia. Haise que rir e ó carallo.
    Por certo, menuda politicada a web esa en xeral, nunca tal se viu. Desde logo mellorouse a web que había, pero se os contidos van ser dese calibre apaga e vámonos. Só hai que ver as fotos da cabeceira, só poñen proxectos aprobados nos catro anos nos que governou o PP, como dixo algún por ali. Os outros 25 anos de democracia non deberon existir para o PP, debían estar máis ocupados mirándose para o embigo.

    ResponderExcluir
  2. Triste pero certo, se cambiaran o escudo do concello polo logotipo do PP ningén notaría a diferencia.
    E sobre o da foto esa, creo que sobran os comentarios. Parece que actuen como se eso fora á súa casa, só lles falta cobrar por entrar porque o que fagas unha vez dentro xa cho cobran todo, ahora parece que en vez de ir ao concello entras nunha ferretería, con todo o respeto para as ferreterías que é un negocio coma calquera outro pero o concello non deberia de selo.

    ResponderExcluir
  3. Que se lle vai facer, que teña a Feijoó no despacho será o de menos, xa se sabe que non teñen demasiados escrupulos, se teñen agallas para pedirlle o voto a nenos de primaria esto é "pataca minuta" como decia o outro. O preocupante é que un pensionista e unha persoa que non chegaba a mileurista pasen a cobrar case medio millón de pesetas ao mes dos cartos de TODOS OS VECIÑOS. O preocupante é que destruan todo o que atoparon feito. O preocupante vai ser o panorama que se van atopar os que veñan detrás. Que Dios nos colla confesados.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: