AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

28/04/2008

Oreiro renuncia á súa dedicación exclusiva

Tan só un día antes de que anunciara na prensa que renunciaba á dedicación exclusiva como alcalde, houbo un Pleno Ordinario no que José Oreiro non tivo sequera a deferencia de comunicarlle aos membros da Corporación a súa decisión; e iso que parece ser que xa levaba varios días incorporado ao seu posto de traballo na docencia; aínda así, elixiu un medio de comunicación para facelo público. Fainos pensar que o titular lle interesa bastante máis que facer as cousas ben, ou cando menos que facelas nas cauces que democraticamente marcou a veciñanza. Ademais, xa sabemos que as formas nunca foron o seu forte, non o ían ser tampouco agora.

En primeiro lugar queremos resaltar a falta de previsión en cuestións fundamentais: No Pleno do 4 de abril o goberno municipal inclúe nos Orzamentos para o ano 2008 a dedicación exclusiva do alcalde. 3 semanas despois, renuncia á dedicación exclusiva, aducindo que «tivo que renunciar pola situación económica do concello». Temos que entender que o día 4 de abril o concello de Carnota tiña capacidade para duplicar o número de soldos de carácter político e a súa contía, e tres semanas despois xa non a ten?

Aqui ninguén puxo en tea de xuízo que o alcalde se poña un soldo. É totalmente lexítimo, ademais cremos que é a súa obriga, para poder centrarse totalmente nas cuestións que afectan aos veciños. O problema é cando se crea un soldo para o alcalde, outro para o tenente de alcalde, outro máis para o segundo tenente de alcalde e para colmo contratas un asesor de alcaldía por máis do que cobran a maioría de funcionarios do concello. O problema é pasar de 68 a máis de 123 mil euros gastados anualmente nese concepto. O problema é converter un concello de 5.017 habitantes (datos do IGE, ano 2007) no que máis inviste da Costa da Morte nos salarios dos seus políticos. Iso, e soamente iso, é o que criticaba o BNG.

En segundo lugar queremos salientar que se está incurrindo nunha fraude electoral. Cando unha persoa se presenta á alcaldía é para facelo na plenitude das súas facultades, non como un «hobby» ao que dedicarse no tempo libre ou cando cadre.

En terceiro lugar, está claro que a falta de capacidade de xestión que este goberno demostrou no seu primeiro ano de lexislatura vai continuar no futuro. Para obter investimentos das distintas administracións hai que facer unha labor continuada de contactos persoais e de seguemento, labor para a que o alcalde vai estar imposibilitado por motivos laborais.

A cuarta (e non menos importante) cuestión que nos plantexamos: quen vai ser a persoa que vai a ocupar «de facto» a alcaldía na ausencia do alcalde real? Aqueles veciños que libremente decidiron votarlle ao PP fixérono para que o alcalde fora o candidato, ou votaban para alcalde a algún dos que ía por debaixo na candidatura? Moi seguros deben estar do que fan para traizoar o voto e a confianza de todos os que quixeron a primeira posibilidade.

Por último, sinalar que no BNG non nos queda dúbida algunha sobre o auténtico motivo da decisión do alcalde: Non puido soportar a presión veciñal froito da labor comunicadora das actuacións municipais exercidas polo BNG de Carnota. De non ser pola axilidade do BNG en informar sobre estes presupostos de escándalo, moi poucos veciños se terían enterado de nada. E desde logo o investimento en soldos de carácter político que se aprobou no pasado pleno é bastante difícil de dixerir por calquera veciño, sexa da cor política que sexa, pois rebasouse con creces calquera límite lóxico e razoábel.

Sen embargo, a medida adoptada en consecuencia -a renuncia á dedicación exclusiva, anunciada pola prensa- só podemos entendela coma unha operación de lavado de imaxe do alcalde de cara á veciñanza. A estas alturas todo o mundo sabe que os problemas económicos do Concello non son debidos ao soldo do alcalde, senón á ambición dos que o rodean. E o alcalde de todos os veciños debería ser sempre o último en tomar unha determinación tan extrema. Por xustiza.
Etiquetas: , , , ,

Hai 5 opinións.

  1. Fai tres semanas apróbanse os orzamentos municipais e agora renuncia...pretende dar boa imaxe no concello??

    Non me vou matar en entender nada, porque con este goberno cada día é unha sorpresa.

    Nin eles saben o que queren para máis entender ós veciños de Carnota.

    ResponderExcluir
  2. Lajarto lajartooo.

    Quen pense que A Oreiro doulle un arrebato de xenerosidade e deixa a exclusividade na alcaldía porque ao concello fáiselle moi costosiño erra.
    Si fose esto bastaríalle con acurtar o presuposto que se dedica ao seu soldo e ao soldo dos seus colaboradores, e ala todos a traballar a esgallo para levantar ao pobo, con un digno soldo de mil-euristas por parte dos seus dirixentes, fácil solución. Eu non son dos de comulgar, pero ademais si me queren meter rodas de muíño non podo tragalas, aínda que lle poña vontade.
    Vamos a desfiañar un pouco na madeixa. Oreiro non se lle pode negar que sexa intelixente, aínda que esta intelixencia non a aplicara para favorecer ao concello, pero un home que leva tantos anos saltando de poltrona en poltrona ten que ser intelixente. Por o que hai que partir da base que ningunha de estas decisión e froito da casualidade, todo tiña que estar meditado, desde a partida nos orzamentos, ata o anuncio de renuncia a dedicación exclusiva.
    ¿ Porque o fai?
    Outro comentario que fixen en outro post enlaza con este.
    Os postos no PP cada vez están mais caros, cada vez quedan menos. Ademais o PP esta metido nunha batalla interna despois de fracasar nas ultimas xerais. Ninguén ten seguro poder ocupar un cargo nos próximos anos, nin sequera Mariano, así que xa me diredes as esperanzas que ten un home de reencho como Oreiro (o de Esperanzas non vai con segundas). Posiblemente ( que seria o mais normal ), con esta campaña que deron en chamar de renovación no PP, e cas loitas internas que de esto saíran o PP seguira perdendo peso uns oito anos mais calculo, e despois de eso a ver como saen.
    Nin sequera os alcaldes se salvaran, o propio Baltar vai a purgar alcaldes.
    ¿Qué lle queda a Oreiro?
    Gañar as próximas en Carnota difícil, a xestión súa sempre foi escasa, aínda tendo aos gobernos da xunta e central en mans do PP, nunca consegue repetir lexislatura; así que agora que non os teñen mais difícil aínda.
    Que toca pois asegurarse o cocido e unha saída o mais digna posible, e si ademais pode asegurarse o sobre soldo que lle corresponde aos funcionarios (posto que aínda que se quite unha nova lei que modifique os sobresoldos dos funcionarios-politicos, esta non pode ser retroactiva), pode que este sexa un bo momento para facer un mutis.
    Sobre o porque a asignación nos orzamentos, e pensando en que esta decisión del xa estaba tomada ou case tomada. Sóame a clientelismo e pago de favores, non quero alargarme mais en esto dos orzamentos por que carezo de datos, gustaríame velos ao completo, pero estou seguro que en cuestión de días poderase confirmar algo sobre o que sospeito.

    ResponderExcluir
  3. Que obsesión ten o/a anónimo cas drojas, esto xa parece enfermidade.
    ¿Pensastes de ir a un psicólogo/a?
    Deberías pensalo. O post non vai de drojas.

    ResponderExcluir
  4. A ve anoni@, hasta na túa definición das drojas fallas.
    Lee ven pois non bou a entrar mais en un debate ao estilo patio de veciñas.
    Si tes algo que aportar ou discrepas en algo faino, e razóao. O de contestar con chascarrillos e ataques persoais e propio de predicadores da verdade absoluta ao estilo Federico Jiménez, ou Pío Moa, que por o que se ve deben de ser os teus gurus intelectuais, así andamos de intelecto.
    Repito por si non che quedou claro. Si o administrador do foro esta disposto a consentir esta liña de debate, eu non, e e a ultima vez que bou a contestar a este tipo de choradeiras.

    ResponderExcluir
  5. Por favor, deixade de trocar o xuicio co anónimo drojadicto.
    Punto 1: Que carallo pasa coa web do Bloque? Da erro desde hai tempo!
    Punto 2: É unha auténtica vergonza o que está facendo este alcalde. Como se pode ir pola vida predicando que estás na ruina cando mantés un sueldo mensual de mais de 2.500€ a cada 'tenente de alcalde', e un salario 'extra' a unha 'amijiña de'? Paréceme do mais rastreiro do mundo o ir de salvapatrias desinteresado despois de 4 anos cobrando como diputado sin rascala, e cando de ahora en adiante vas seguir facendo o que che sala do... cas dietas, etc. Eso descontando que o señorito de Madrid non se poña unha media dedicación, que tampouco é que o deixara demasiado claro se o vai facer ou non...
    Punto 3: Alguen do PP os pode seguir defendendo despois de todalas burradas que levan feito?
    Punto 4: Explicase todo o que leven feito con outro argumento que non sea o de que queren apañar os cartos que lle deixaron?
    Gracias.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: