A Asemblea Local do BNG de Carnota proclamou o pasado mes de agosto por unanimidade a Emilio Louro Lamela, máis coñecido entre a nosa veciñanza coma Milucho, como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota.
A decisión chegou despois dun proceso de reflexión interna iniciado logo de que Moncho Noceda, actual portavoz e rexedor do noso municipio, comunicara á Asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota por atoparse xa preto da súa idade de xubilación. Foi precisamente Moncho o encargado de transmitirlle a Milucho que fora a persoa proposta pola asemblea para liderar o seu novo proxecto para Carnota. Finalmente aceptou, segundo explicou, pola necesidade de continuar co proxecto nacionalista que levou a Carnota en só oito anos de ser un concello intervido e ao borde da insolvencia a ser viábel e estar saneado, mantendo e mesmo mellorando as súas políticas sociais.
Emilio Louro é un veciño de Lariño de 52 anos moi coñecido pola súa longa traxectoria de compromiso nacionalista e pola súa dilatada e demostrada capacidade xestora á fronte de movementos sociais e veciñais, e nomeadamente por unha destacada traxectoria profesional á fronte da Confraría de Pescadores de Lira, etapa durante a que a levou a ser un pósito pioneiro e absolutamente referencial a nivel nacional e internacional. Por esta experiencia é que a organización do BNG optou por el, ao consideralo a mellor opción posíbel para a alcaldía de Carnota, para continuar co traballo do equipo de Moncho Noceda e tamén para achegar as ideas frescas necesarias para facer de Carnota un lugar para vivir.
Deixámosvos un breve vídeo que presenta ao noso novo candidato e as ideas forzas do proxecto que lidera.
Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz
Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense
baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais:
Hai 0 opinións.
Publica a túa!