Esta é a páxina web do BNG de Carnota, a organización dos e das nacionalistas de Carnota. Organizámonos do seguinte xeito:
Asemblea local
É o noso máximo órgano de dirección, no que temos voz e voto toda a militancia do BNG de Carnota, que nos reunimos periodicamente para dar conta de todos os asuntos que afectan á nosa veciñanza e á nosa organización.
Consello local
É o órgano colexiado de dirección no que participamos as seguintes persoas elixidas pola Asemblea Local do BNG de Carnota:
- Responsábel local: Iván Franco
- Responsábel de organización: Mario Maceiras
- Secretaria de actas: Pilar Tubío
- Secretario de finanzas: Jorge Fiuza
- Vogal: Belén Campos
Corporación
Membros do BNG na Corporación Municipal do Concello de Carnota:
- Belén Campos. Portavoz municipal e concelleira.
- Manolo Souto. Concelleiro.
- Pilar Tubío. Concelleira.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!