AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/07/2023

A mocidade de Galiza Nova organiza un acto no Ézaro para apoiar o grupo galego no Congreso

A mocidade nacionalista da Costa da Morte, que vén de renovar a súa asemblea comarcal de Galiza Nova hai poucas semanas, comeza con forza convocando o vindeiro venres 14 de xullo ás 20:30 horas no Ézaro un acto público de apoio á candidatura do BNG que aspira a facerse co grupo propio galego nas Eleccións Xerais do 23 de xullo. Intervirán a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, e o membro da candidatura do BNG Ignacio Siota.

O acto dará paso a unha actuación musical con MJ Pérez, Malleira, Dùin e remate con foliada libre. 

Non faltes e, sobre todo, se es mozo ou moza de ata 30 anos e estás co nacionalismo galego, únete a Galiza Nova!



Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: