AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

02/12/2022

Por unha vida digna e sen desigualdades na Costa da Morte

 



No pleno do Concello de Carnota de onte aprobouse por unanimidade da corporación a moción presentada polo BNG:
1. Demandar á Xunta de Galiza o remate da autovía da Costa da Morte e a conexión da mesma ao Porto de Brens, tal e como se proxectou inicialmente e ao Polígono Industrial de Vimianzo.
2. Demandar á Xunta de Galiza a eliminación das peaxes existentes na Autovía Carballo-A Coruña en todos seus tramos.
3. Demandar á Xunta de Galiza un plan de transporte público real, cunha nova planificación das conexións de transporte público para a Costa da Morte, que mellore rutas e tempos e amplíe as paradas aos núcleos rurais da comarca.
4. Instar á Xunta de Galiza a iniciar xa os estudos de viabilidade dun servizo ferroviario de proximidade para a Costa da Morte.
5. Demandar á Xunta de Galiza o impulso e execución dun plan de mellora das telecomunicacións e de dixitalización na comarca, acelerando a finalización dunha rede de fibra óptica que chegue a todo o rural.
6. Dar conta deste acordo ao presidente do goberno da Xunta e a todos os grupos políticos do parlamento de Galiza.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: