A curta documental "Vogar", o novo traballo audiovisual de Andrea de la Iglesia e que ten coma protagonista ao mariñeiro Primitivo Pedrosa estreouse esta pasada fin de semán na Competición oficial de Mares da Fin do Mundo na súa cuarta edición que se celebra dende o ano pasado en Outes, con moi boa acollida á vista da reacción do público asistente que abarrotaba ao salón de actos da Casa da Cultura.
Temos que lamentar con amargura que unha Mostra tan interesante e única, que naceu co anterior goberno deo BNG, non tivera continuidade pola falta de compromiso do actual goberno do PSOE, e que finalmente o seu director optara por celebrala noutro concello.
Moitos parabéns polo excelente traballo dos nosos veciños Andrea e Primitivo.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!