Onte nas redes sociais do Concello compartiuse unha noticia publicada no “Correo Gallego” referente á mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño e cunhas declaracións do alcalde de Carnota que como sempre non nos deixa de sorprender, polo que cremos convinte aclarar o seguinte para maior información da veciñanza:
1. As referidas obras xa tiñan que estar rematadas a finais do ano 2019.
Pese a estar aprobado o proxecto en pleno na anterior lexislatura por UNANIMIDADE dos membros da corporación (BNG, PP e PSOE), é co visto e prace do secretario-interventor, e a pesares de estar xa en proceso de licitación e contar con 5 ofertas presentadas, o actual goberno municipal, co alcalde e a tenente de alcalde á cabeza negouse unha e outra vez a executar o proxecto, incumprindo un acordo plenario.
2.- Como así recoñecen, efectivamente o proxecto xa existía desde o 2018. A achega do grupo de desenvolvemento rural de 38.000€ está concedida desde o ano 2018. A axuda nominativa de 120.000 tamén foi concedida pola Deputación no ano 2018. Polo que para levar a cabo este proxecto o actual goberno municipal do PSOE non consigueu nin un só euro.
3.- O proxecto para o anterior goberno municipal do BNG era considerado como un proxecto de futuro prevendo o problema que podía supoñer a presencia masiva de autocaravanas e a falta de control sobre as mesmas ao longo de toda a costa de Carnota e pretendíase darlle unha solución. Semella que non iamos tan descamiñados cando concellos da zona (gobernados polo PSOE) están levando a cabo actuacións similares e vendéndoas a “bombo e platillo”.
Mais queremos lembrarlles que o proxecto de dotar dunha área de autocaravanas a este espazo non se eliminou, vaise facer con cargo ao Plan de Obras 2020 da Deputación como así se APROBOU POLA MAIORIA ABSOLUTA do pleno a proposta do BNG, coa abstención do alcalde e 3 concelleiros do PSOE e o voto en contra da tenente alcalde, veciña por certo de Lariño, logo de negarse a cumprir o alcalde un compromiso que tiña asinado por escrito có PP.
4. Na mellora do entorno no que participou Costas do Estado e que fai referencia o señor Alcalde tamén estaba incluido o derrubo da “caseta de Miché”?
5. As pistas de pádel no proxecto orixinal eran dúas. O alcalde comprometeuse a que máis adiante faríase a segunda pista de padel. Aínda que non cumpre cos compromisos escritos esperemos que cumpra coa súa palabra.
6. Cando se refire as trabas a este proxecto queremos lembrarlle que si alguén as puxo non foi o BNG, todo o contrario, quen si puxo todo empeño para dificultar a súa execución foi o alcalde e o seu equipo de goberno desde un principio. Para elo tivo que levarse a cabo unha reunión ca veciñanza de Lariño e tres plenos nesta lexislatura. Ese foi o que lle costou ao BNG sacar adiante este proxecto grazas tamén, todo hai que decilo, ao apoio do PP.
7. É MENTIRA que as contas do Concello estivesen “comprometidas” como di nas declaracións da nota de prensa a tenente de alcalde. Eran 110.000€ que había asignados para este proxecto aprobado, e unicamente pendente de licitación, e por suposto co informe favorable do anterior secretario-interventor do Concello. Pero a pregunta é... onde están agora eses cartos? En que se gastaron? Pois desto si que ninguén sabe nada, ou polo menos á oposición non se nos informou a día de hoxe, e non sería porque non se preguntara polo tema. En fin, iso si que é comprometer as arcas municipais.
https://www.elcorreogallego.es/concellos/toma-forma-el-espacio-de-ocio-que-albergara-larino-KF8979084
Hai 0 opinións.
Publica a túa!