AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

07/09/2021

Información sobre os principais puntos do Pleno Ordinario de 02/09/2021


 


 

1.      APROBACIÓN CONTA XERAL 2020.

Neste punto decidimos ABSTERNOS debido á falta de transparencia ao respecto dunha partida de 110.000 € de gastos correntes que tiña como finalidade o proxecto concreto de “mellora do campo de fútbol de Lariño”, partida que si aparecía na conta xeral do 2019 e que misteriosamente non sabemos cal foi o seu destino final. Ainda que agora unha parte deste proxecto está a executarse cunha axuda nominativa da Deputación concedida no ano 2018, desde o BNG consideramos que deberíamos saber o destino deses 110.000 € ou cando menos debería existir un remanente de crédito

2.      Aprobación POS+ADICIONAL

Aprobouse por UNANIMIDADE e os proxectos incluídos son o de:

-      Saneamento e pavimentación nas Estañeiras – 66.303,80 €

-      Rueiro Interior no Pindo: 94.222,49 €

Proxectos xa aprobados no pleno do día 28 de xaneiro.

A maiores tamén se incluíu:

-      Saneamento e recollida de pluviais en Caldebarcos – 66.882,52 €

O importe total deste POS-ADICIONAL é de 184.565,40 €. Tanto os proxectos da Tara como o das Estañeiras xa deberían de estar executados a estas alturas, xa que foron incluídos no POS+ADICIONAL DO 2019 mais nesa ocasión o goberno local optou por destinar 210.000 para gastos correntes e non levar a cabo as obras comprometidas.

3.      APROBACIÓN DE AUTORIZACIÓN DE PASO E OCUPACIÓN A FENOSA PARA DOTACIÓN DE SUMINISTRO AO EDIFICIO CULTURAL DE O VISO E MELLORA DO SERVIZO AOS VECIÑOS DA ZONA

O BNG ABSTÍVOSE aínda que entende e comparte que é unha mellora dun servizo necesario, mais o que discrepamos é da ubicación do transformador de media tensión nunha zona moi frecuentada pola rapazada, ao carón da escola de música, o campo e a pista do Viso. Consideramos, e así llo transmitimos, que se debería falar coa empresa para modificación do proxecto buscando unha localización mais axeitada e contando coa participación (opinión) dos veciñxs de San Mamede

 

RESPOSTAS AS PREGUNTAS FORMULADAS POLO BNG:

-      A tramitación do Local Veciñal de Cornido xa se está tramitando para entrega aos veciñxs. Alegrámonos que así sexa, mais non é sen tempo despois de dous anos e medio desde o remate das obras.

-      O local veciñal da Montaña segundo  se nos di aínda non foi solicitado polos veciños e por iso non se lle fixo entrega. Parécenos unha resposta surrealista e onde se demostra o nulo contacto que o Alcalde ten cos veciñxs, para informarlles de que xa poden proceder a solicitude de cesión.

-      O monitor de deportes, contratado polo Concello; estivo no campamento de verán coordinando un grupo de dez nenos. Sorpréndenos enormemente que persoal do concello se destine a uns fins para os cales xa hai unha empresa privada contratada namentres se deixan de impartir actividades deportivas propias do concello.

-      Desde o BNG sorpréndenos o pago dunha factura por importe de 9.075 € para o Orballo Cultural nunhas actividades nas cales se cobrou entrada. Non se trata dunha empresa privada? Mentres tanto podemos asistir como no 2020 perdeuse a posibilidade de seguir levando a cabo a Mostra de Cinema documental sobre pesca “Mares da Fin do Mundo” (“emigrando” para Outes) por unha aportación de importe inferior (6.000 €) e con proxección nacional e internacional, única e sen coste algún para os asistentes.

-      A pregunta de a que responde o pago dunha factura sobre informe pericial pola corta duns piñeiros en Lamas de Castelo? Por que non se fixo no seu día e se fai agora? A resposta do Alcalde é que hai unha denuncia presentada diante da Fiscalía por tal feito, motivo polo cal tivo que encargar dito informe para presentar como documentación requerida pola propia Fiscalía. Estaremos atentos a evolución deste tema que non nos gusta nada e que xa foi motivo dunha pregunta, no seu día, en Pleno por parte do BNG.

-      Desde o BNG volvemos a reiterarlle ao alcalde a necesidade de darlle a debida publicidade á convocatoria dos plenos, ademáis de solicitarlles unha vez mais que se poñan os medios necesarios para a súa gravación e a posterior difusión na páxina web e nas redes sociais do Concello nun exercicio de transparencia, tal e como se fai hoxe en día na maior parte dos concellos da contorna.

 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: