Varios pais e nais fixéronnos chegar o seu descontento pola falta de transparencia e polo que está a pasar coa selección das nenas e nenos para o campamento Aldea de Verán 2021. Xa fomos, fai uns días, a preguntar por este tema e pensamos que estaba máis ou menos solucionado pero parece que non, así que mañá sen falta ímonos a achegar ao concello para ver que nos poden aclarar.
Para o BNG non é nada novo a falta de transparencia que existe na actualidade no concello de Carnota. E desde logo mentres gobernou o BNG non quedaron fóra dos campamentos ningún neno nin nena empadroado no noso concello, e para que puidesen entrar todos os solicitantes e cumprir debidamente cos ratios dende o concello pedíase á empresa que levaba o campamento que contratase máis monitores, e desde logo se aumentaba o prezo era o concello quen poñía o resto.
O que non nos explicamos cal é o motivo para que agora si pasen estas cousas. Temos que ter en conta que este ano o concello recibiu unha subvención de máis de 100.000€ da Deputación só para servizos sociais e que poden neste caso axudar a paliar esta situación. Tampouco entendemos como pode ser que no caso de irmáns un entre e outro non se os criterios de selección son os mesmos para os dous.
Esperamos que se solucionen pronto todos estes problemas e que todas nosas nenas e nenos poidan gozar do campamento como se merecen.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!