No pleno do día 5 de abril pasado dende o BNG fixemos as seguintes propostas:
Controlar e selar os distintos vertedoiros incontrolados existentes ao longo do Concello. Algún deles xa foron selados no seu día polo anterior goberno municipal do BNG.
· Arranxo da beirarrua de Lariño, afundida o pasado 11 de febreiro, como consecuencia do último temporal. Vai xa para dous meses e séguese sen reparar co consecuente trastorno para os viandantes que non poden transitar por este punto, véndose na obriga de ir pola estrada xeral, co perigo que iso conleva, e máxime cando, é unha zona moi transitada polas nenas e nenos que van cara a pista polideportiva e o parque infantil da Lomba da Granda.· Gravación dos plenos. Existe un gran interese por parte da veciñanza de Carnota en coñecer as posturas e puntos de vista dos distintos grupos municipais do Concello nos temas abordados nos plenos, mais aló do que cada grupo publica polas súas vías, para elo, e como xa prantexamos no seu día, deberían poñerse os medios necesarios para que sexan retransmitidos (via streaming), como xa se fai na maior parte dos concellos da zona, e máxime agora que xs veciñxs non poden acudir fisicamente ao salón de plenos e se ven privados dese dereito. Ademais detectamos como segue sen darlle difusión ás convocatorias dos plenos.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!