AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

21/04/2021

O BNG de Carnota apoia as concentracións de SOS Sanidade e presenta unha reclamación no Centro de Saúde

 

Hoxe mércores están convocadas concentracións en defensa da sanidade pública en todo o país, e o BNG apoia e participará na concentración convocada en Cee para as oito da tarde.
Ademais diso, as 13.30 horas, as nosas concelleiras Belén Campos e Pilar Tubío presentaron unha reclamación ante o Sergas na que se pide que volvan as consultas presenciais, co seguinte texto:

Como usuario/a do Servizo Galego de Saúde, considero que non hai xustificación algunha para que un ano despois de iniciada a pandemia continúen as restricións para as consultas presenciais, as demoras de ata semanas para acadar unha cita telefónica ou as colas ás portas dos centros de saúde.
A Covid 19 non pode servir de excusa para seguir sen atender presencialmente, sobre todo porque supón unha atención moi limitada, especialmente para as persoas maiores, inmigrantes ou para as que teñen dificultade de expresar ou entender.
Ademais, non podemos esquecer que a consulta presencial supón proximidade, confianza e seguridade. Diagnosticar a distancia é claramente mais complicado para o profesional médico, e supón unha alta perigosidade, tanto para o/a facultativa como para o/a propio paciente. Un erro nun diagnóstico pode custar unha vida.
Etiquetas: , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: