AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

26/03/2021

Prevaricación e contratación ilegal

A sección 2ª da Audiencia Provincial da Coruña en sentenza de data 18 de febreiro confirma que tanto o ex alcalde de Carnota José Oreiro como a ex tenente de alcalde Marisol Piñeiro cometeron un delito de prevaricación na contratación ilegal dunha traballadora do concello. Esta resolución, contra a que non procede recurso ordinario, dá a razón ao anterior goberno do BNG que no seu día denunciou a irregularidade da contratación.
Lembrar que cando se iniciou o procedemento (no ano 2013) o actual alcalde votou en contra da investigación e máis recentemente, en contra da petición que se lle formulou dende o BNG e nunha clara deixación das súas funcións, tomou a decisión de non reclamar aos condenados os 170.000€ que supuxo ás arcas do noso Concello esa contratación ilegal, perdendo así a oportunidade de recuperar eses cartos ou polo menos unha parte deles.
Dende o BNG esperamos que o alcalde cumpra a sentenza e que inicie os trámites que correspondan para deixar sen efecto a contratación ilegal, de non facelo así estaría a avalar a ilegalidade cometida polo ex rexidor José Oreiro e que non deu opción a outras persoas para optar a unha praza pública en igualdade de condicións, mérito e capacidade.
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: