AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

27/03/2021

O BNG de Carnota celebra que finalmente se realice a actuación no Campo de Fútbol de Lariño




 

O grupo local solicitara á Deputación da Coruña o financiamento en 2018 cando estaba no goberno do concello

 

Carnota, 27 de marzo de 2021.- O grupo municipal do BNG de Carnota celebra a aprobación polo pleno da Deputación da Coruña deste venres día 26 de marzo do financiamento que permitirá a realización da actuación no Campo de Fútbol de Lariño que solicitaran hai xa tres anos. Co visto bo do pleno da institución provincial, conseguirase a mellora dun espazo que demandaba a veciñanza e que o BNG trasladara á Deputación da Coruña.

O grupo nacionalista de Carnota mostra a súa satisfacción de que a actuación en Lariño comece a materializarse coa aprobación do financiamento provincial dun proxecto fora solicitado en 2018 polo goberno municipal dirixido daquela polo BNG. O proxecto inclúe as actuacións de demolición do peche de tres edificacións existentes, urbanización da contorna e construción dunha pista de padel cun orzamento de 168.430 €, do que a Deputación achega 120.000 euros, o 72 % do total.

"Esta actuación foi reclamada pola veciñanza hai máis de tres anos e, posteriormente, o goberno municipal do BNG trasladáralla á Deputación da Coruña porque entendimos que era necesaria para a ordenacion dunha zona de especial interese turístico e paisaxístico", explica a concelleira de Carnota, Belén Campos que destaca tamén o interese na realización do aparcamento de autocaravanas na contorna, urxente para solucionar un problema que cada vez é máis intenso, en especial, na época vacacional. Neste sentido, explican tamén que a actuación está incluída no proximo POS para o seu financiamento provincial.

Para o grupo municipal de Carnota, "tres anos despois é o momento de alegrarnos porque este proxecto ve finalmente a luz e contribuirá á mellora dun espazo que cada vez é máis visitado pola súa riqueza paisaxística no que é preciso responder ás urxencias e as necesidades reclamadas desde hai tanto tempo pola veciñanza de Lariño".

 

BNG de Carnota

 

 

 

 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: