AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

17/03/2021

Carta para o Conselleiro de educación, enviada pola ANPA do CEIP de Carnota e nais/pais afectados

Dende as nosas redes sociais queremos darlle publicidade a esta carta que nos fan chegar as nais/pais do CEIP de Carnota xunto coa ANPA do citado centro, dirixida ó Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en referencia ó borrador do decreto 229/2011 que recorta o nº de coidadores para nen@s con necesidades especiais pasando de 1 por cada 3 alumn@s a 1 por cada 7 alumn@s con necesidades especiais.
Tamén queremos deixar claro que é un problema que nos afecta a tod@s e non vos imos deixar sós/soas.

 

 

Carnota a 16 de marzo de 2021

 

Señor Román Rodríguez González

Conselleiro de Cultura, Educación y Universidade

Respectable conselleiro de educación señor Román Rodríguez González:

 

Poñémonos en contacto con vostede  por mor da Orde que desenvolve o Decreto 229/2011(Articulo 80, punto 4).Coma nais de tres nenos con necesidades educativas especiais que cursan estudios no C.E.I.P. de Carnota e o apoio da ANPA  deste mesmo, gustaríanos expresar o noso desacordo e a nosa preocupación sobre varios aspectos da citada orde.

En primeiro lugar, sentimos gran preocupación por a desaparición dunha figura tan importante coma a dos Acompañantes Terapéuticos Educativos do Sistema Educativo Galego. Polo que deducimos do texto, os únicos profesionais que acompañarían ós nosos fillos despois de aprobarse esta orde serían os coidadores. Repasando as funcións dos coidadores vemos que só teñen funcións asistenciais e en ningún apartado do texto se fai referencia ás funcións de apoio educativo dos coidadores nas aulas. Entendemos, polo tanto, que os nosos fillos non van a ter ningún tipo de apoio para facer as súas tarefas escolares e tememos que non van a poder seguir o programa escolar.

En segundo lugar, tamén queremos expresar a nosa incredulidade polo aumento do rateo de nenos para cada coidadora. Segundo o borrador, unha coidadora tería que atender a sete alumnos con diferentes necesidades educativas especiais que estarían cursando estudios en aulas diferentes. Como ben saberá señor Conselleiro cada neno ten unha necesidade diferente en momentos distintos, polo que este pode ocasionar que nalgún intre algún neno teña que quedar sen atención requirida, para as tarefas nas  poida necesitar o apoio da coidadora(como pode ser comer a merenda, ir o servicio, un cambio de panal...etc.). Ademais nos tempos que estamos a vivir de pandemia, pode supor un perigo para a vida dos nosos fillos, xa que o persoal tería que andar de clase en clase, para poder atendendo a tódolos rapaces. Agora mesmo o C.E.I.P de Carnota só conta cunha coidadora para tres alumnos con diferentes condicións e consideramos que os nosos fillos precisan de máis atención para poder ter unha escolarización normalizada. Vostede sabe tan ben coma nós que é imposible que unha coidadora poida atender a sete nenos con necesidades educativas diferentes que, en moitos casos, precisan de atención individualizada.

Finalmente, só nos queda dicirlle que esperamos que vostede e o seu equipo recapaciten e cambien os aspectos mencionados do citado borrador para que os nosos fillos e tódolos nenos que precisen de apoios educativos nas escolas galegas teñan garantido o seu dereito a unha educación de calidade.

Atentamente.

 

Araceli Figueira                                  Angélica González                                 Dolores Beiro Lago

 

ANPA San Gregorio C.E.I.P. Carnota.

 

Etiquetas:

Hai unha opinión.

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: