AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/02/2021

Saneamento de Lariño


27 son as emendas presentadas polo BNG da Costa da Morte das 505 que presenta o BNG aos orzamentos da Xunta de Galiza.
Unha desas emendas, a 125(26) recolle a seguranza viaria e dotación de servizos en varias estradas, entre elas a AC550 que cruza o noso Concello.
E como nos comprometemos no seu día ca veciñanza de Lariño, a emenda 154(9) que reclama o saneamento de Lariño.
Lembremos que xa van unhas cantas veces que o BNG presenta esta emenda aos orzamentos da Xunta. Esta obra xa ten proxecto, está presupuestada (922.509,96€) e é de vital importancia xa que se trata da rede principal de saneamento (imprescindible para levar a cabo o saneamento). Xa no ano 2012 Augas de Galiza contesta ao requerimento feito polo goberno municipal do BNG que “non existen posibilidades orzamentarias”, pois ben, esperamos que nestes orzamentos o PP que goberna na Xunta cumpra dunha vez por todas coas súas obrigacións dotando de partida orzamentaria o proxecto de saneamento de Lariño.

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: