No pleno do xóves pasado tamén presentamos unha serie de propostas e preguntas que imos ir debullando.
• Cal foi o volume de madeira que se cortou en Lamas e canto ingresou o Concello por esa madeira?
Resposta: O concello non ingresou nada. Cortáronse por manter a franxa de seguridade. Cortounos un autónomo a cambio de quedar coa madeira.
O alcalde saltándose todos os procedementos manda cortar uns piñeiros sen saber que cantidade van cortar, o volume da madeira e o prezo da mesma.
Queremos lembrarlle ao alcalde que no noso concello existe un banco de leña para persoas necesitadas, ou xa non?
• Que trámites está a facer o Concello para o cumprimento da súa promesa electoral de promover a creación dunha residencia da 3ª idade en Carnota?
Ao alcalde parécelle raro que se lle faga unha pregunta do seu programa electoral.
Resposta: Antes do covid foron varias veces á Xunta a Política Social e falaron co director xeral que lles dixo que en 10 anos só fíxose unha residencia e que van facer unha en cada cidade e que non hai perspectivas de que se fagan máis. Desde a Xunta recoméndanlles as casas de maiores. Desde a Dirección Xeral deuse luz verde ás casas de maiores. Hai unha persoa de Carnota interesada. Que tamén hai empresas privadas interesadas pero son moi caras sobre 1.500-2000€
Parécenos interesante coñecer os trámites que levaron a cabo desde o goberno local e desde logo ao BNG non lle resulta nada raro preguntar a un cargo político pola súa promesa electoral estrela. Esta pregunta trasladáronnola varixs veciñxs.
• En que lugares do Concello levaron a cabo as obras de pavimentación por importe de 36.942,15€ do “Plan de mellora de camiños municipais 2020-2021: mellora de camiños agrarios”?
Resposta: De Sofan ata o Pazo en Lira e na corredoira das figueiras en Lariño.
Seguen sen publicarse debidamente os contratos menores.
• Existe no concello un “Plan municipal de obras”?
Resposta: Non existe por escrito pero que teñen tres plans, un de saneamento por núcleos, a axenda ecolóxica 2020-2030 e as infraestructuras.
Danos a impresión de que o alcalde fala dos Plans de outras administracións. Xa vai sendo hora de que fagan un plan municipal de obras!
• No pleno anterior o BNG, na parte de rogos, fixo unha serie de propostas, en que estado se atopan?
Resposta: Se saneou a fonte da Janeixa en Lariño. Arranxaron o bache da carretera que baixa á praia de Caldebarcos. Xa se puxeron os contedores de reciclaxe en Mallou. Na recollida do lixo en Maceiras hai dificultades co camión. Non arranxaron a zona recreativa entre o centro de saúde e o colexio de Carnota. Non puxeron suxéitaos contedores en Canedo.
Non é de recibo que a zona recreativa entre o centro de saúde e o colexio siga despois de case un ano nas condicións que está. O alcalde a parte de regalarlle a madeira ao "autónomo" polo menos púidolle esixir que deixase o espazo como estaba anteriormente.
Lembrámoslle ao alcalde a necesidade de suxeitar os contedores en Canedo polo perigo que supoñen en días de vento.
Estas son as propostas que fixemos neste pleno.
. Arranxar as beirarúas en Quilmas.
. Beirarúas na carretera que sube a Mallou.
. Arranxar a carretera de Pedrafigueira a Freans.
. Arranxar en Lariño a volta da Seara.
. Poñer luces na carretera da Bouzas ata Mallou.
. Limpeza dos ríos en Lira.
. Arranxar o río da Ajiriña en Canedo.
. Arranxar o bache da carretera da montaña.
. Arranxar a pista da Carnotela.
. Duchas da praia na zona de Vilar de Carnota.
. Valorar a posibilidade de comprar a parcela do serradoiro de Argimiro para dotacións municipais.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!