Ante a falla dunha invitación por parte do alcalde para que entre todos os grupos políticos que conforman a corporación municipal acordar as obras que deben incluírse no plan de obras da Deputación POS+2021, como se facía cando gobernaba o BNG, fixémoslle chegar ao goberno local unha serie de propostas para que sexan tidas en conta á hora de elaborar o plan de obras da Deputación. Dende o BNG esiximos un reparto equitativo entre todas as parroquias e lugares.
Ao noso Concello correspóndenlle 293.885,08€.
Estas son as nosas propostas:
. Saneamento en Louredo.
. Continuar co saneamento en Vilar de Parada.
. Saneamento en Quilmas.
. Continuar co saneamento en Panches.
. Saneamento na Fontiña en Caldebarcos.
. Saneamento en Maceiras.
. Arranxar a carretera da montaña.
. Mellora ambiental do campo de futbol de Lariño.
. Saneamento do Rueiro interior no Pindo.
. 2ª fase do empedrado de Mallou.
. Saneamento en Rates-Lira.
. Saneamento na carretera da iglesia en Carnota.
Este ano a maiores o noso Concello recibirá 103.356,63€ para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 en materia de servizos socias. Dende o BNG fixemos as seguintes propostas:
. Ampliar o servizo municipal de axuda a domicilio.
. Ampliar as axudas económicas para asegurar a cobertura das necesidades básicas e garantir ingresos suficientes as persoas con baixos ou nulos ingresos.
. Axudas económicas e creación dun servizo para respiro familiar e medidas de conciliación.
. Axudas as familias para gastos que faciliten a escolarización, material informático e acceso aos medios dixitais.
. Adquisición de medios de prevención destinados aos profesionais dos servizos sociais e persoas usuarias que non teñan medios.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!