Nos últimos días vimos de coñecer a nova de que o Centro Social de Cornido consigueu unha mención nos prestixiosos Premios Nacionais de Arqitectura e Urbanismo do 2020, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/carnota/2021/01/29/centro-social-cornido-carnota-citado-premios-nacionales-arquitectura/00031611945739509419494.htm feito polo cal estamos encantados de que se recoñeza unha proposta prantexada polos veciñxs e recollida nunha das múltiples asambleas veciñais levadas a cabo polo anterior goberno municipal do BNG.
Soio nos queda felicitar aos autores da obra (diseñada por Juan Creus e Covadonga Carrasco), e sobre todo a veciñanza de Cornido e que poidan disfrutar dun centro digno onde poder desenvolver con normalidade as actividades propias dunha asociación veciñal tan dinámica como ten demostrado a cotío.
Esta obra foi executada dentro das obras incluídas no Plan de Obras e Servizos do 2017, rematada no 2019 e que recentemente (a finais do 2020) foilles entregado aos veciñxs polo actual goberno municipal para o seu disfrute.
Disde o BNG esperamos que estas actuacións supoñan un importante avance para os veciñxs de Cornido e a montaña de Carnota e sirvan como verdadeiros referentes dinamizadores recreativos e socio culturais dos seus pobos.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!