INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 28 DE XANEIRO 2021 E APROBACIÓN POS 2021
Onte tivemos pleno ordinario no noso concello a continuación imos facer un resumo dos puntos da orde do día e da proposta do BNG para modificar o POS 2021 que nos presentou o alcalde.
. Como xa sabedes e ante a falta dunha reunión dos portavoces dos grupos da corporación para consensuar as obras deste POS presentamos unha serie de propostas. Despois da nosa publicación o alcalde chamounos para explicar as súas propostas, non para chegar a un acordo.
. Con antelación ao pleno presentamos unha proposición para ser debatida e votada. O apoio do BNG, como así o explicamos no pleno, estaba condicionado á aceptación da nosa proposta de incluír o proxecto “aparcadoiro de autocaravanas en Lariño” na achega provincial e non no Plan Complementario. O alcalde comprometérase por escrito a incluílo no POS 2021 e non no complementario.
A proposta do alcalde, era destinar a cantidade de 102.192,85€ a gastos correntes (para iso xa están os ingresos correntes nos orzamentos). A nosa proposta foi rebaixar os gastos correntes a 31.478,37€ e así poder incluír o proxecto de Lariño na achega provincial (70.714,48€). O resto das obras quedan como estaban polo que a nosa proposta non modifica substancialmente a presentada polo alcalde.
A proposta do BNG sae adiante e aprobase o POS 2021 cos votos a favor dos 3 concelleirxs do BNG e os 3 concelleiros do PP, abstención de 4 concelleirxs do PSOE e voto en contra dunha concelleira do PSOE.
Estas son as obras aprobadas no POS 2021:
. Saneamento e pavimentación na Tara-Lira (68.345,58€).
. Mellora de saneamento na Fontevella-Caldebarcos (83.000,14€).
. Aparcadoiro de autocaravanas en Lariño (70.714,48€).
. Gastos correntes (31.478,37€).
Obras aprobadas do plan complementario:
. Saneamento e pavimentación en Estañeiras (66.303,80€).
. Rueiro interior no Pindo (94.222,49€).
• Aprobación por unanimidade do POS+Adicional para gastos sociais extraordinarios.
• Por unanimidade tamén se ratificou o proxecto refundido “Mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño”.
• Ratificouse o acordo do convenio entre a Xunta e o concello para a tramitación de denuncias Covid coa abstención do BNG que consideramos que a Xunta vai endosar, unha vez máis, aos Concellos funcións que non lle son propias.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!