AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

03/12/2020

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 5)

 

                                       

 

 

 

Hoxe rematamos ca última das preguntas que tivemos que facer por escrito e presentar con 24 horas de antelación para que o alcalde as conteste no pleno.

        Cal é o motivo que impide ao Concello dar publicidade ás convocatorias dos plenos por medio de bandos?

            Reposta: Que publican as convocatorias na web do Concello e que non publican os bandos porque lles dixeron que “vos non o faciades”.

            Conclusión: Non é certo, o goberno anterior do BNG con carácter xeral publicaba os bandos de convocatoria dos plenos ca sua correspondente orde do día.

 

 

Estas son as propostas que fixemos na parte de rogos neste pleno.

. Arranxar a Fonte da Janeixa en Lariño.

. Poñer en Mallou contenedores de reciclaxe, cartón, vidro, etc.

. Recollida de lixo en Maceiras.

. Arranxar e deixar como estaba a zona recreativa entre o centro de saúde de Carnota e o colexio.

. Poñer os suxeita contenedores que faltan en Canedo, como xa estaba previsto.

. Arranxar o bache que baixa á praia de Caldebarcos.

Nos seguintes plenos seguiremos a trasladar as propostas que faltan e as que a veciñanza nos vaia facendo chegar.



 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: