Seguimos con duas preguntas contestadas no pleno do día 26 que tivemos que facer por escrito e presentar con 24 horas de antelación para que o alcalde as conteste no pleno.
• Xa paga Dumbría a parte que lle corresponde do saneamento ou seguimoslle a pagar as veciñas e veciños de Carnota?
Ao alcalde non lle gusta como está formulada a pregunta pero dende o BNG non encontramos outra maneira de facela.
Resposta: Despois de diversas explicacións do tipo de “... hai 4 estacións sen recepcionar por augas de Galicia. Que está en proceso administrativo de fase de recepción. Que Dumbria quere pagar, que ten partida de pago nos orzamentos...”
Conclusión: O Concello de Carnota segue pagando a Dumbria os bombeos do saneamento do Ézaro. Se está Dumbria desexando pagar como di o alcalde que pague xa empezando polos atrasos.
• Qué medidas está a tomar o goberno municipal para axudar aos pequenos negocios do noso Concello para afrontar a crisis provocada polo covid-19?
Resposta: O Pel-Reactiva da Deputación.
O BNG volve preguntar: a parte do Pel-Reactiva cales son as medidas concretas tomadas polo propio Concello?
A reposta dáa a tenenta de alcalde: Un escaparate promocional na páxina web do Concello. Reunións coa asociación de empresarios. Colaboración con cartelería. Se a pregunta refíresese a medidas económicas non hai ningunha porque non hai partida orzamentaria.
Conclusión: A maioria dos concellos da nosa contorna si teñen axudas económicas. En Carnota non hai partida orzamentaria porque a finais do 2020 o goberno municipal non fixo o seu traballo.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!