Despois da aprobación do Proxecto Modificado de Mellora Ambiental do Campo de Fútbol de Lariño adoptado no Pleno Extraordinario celebrado o 5 de novembro queremos compartir con todos o noso posicionamento ao respeito:
- Dende o Grupo Municipal do BNG, valoramos positivamente o cambio da proposta inicial por parte do Goberno Municipal e que se teña en conta o proxecto orixinal impulsado polo anterior Goberno Municipal do BNG, e aprobado xa en pleno en dúas ocasión, aínda que teña que realizarse en dúas fases.
- Lamentamos enormemente que non se buscase un consenso e non se contase có BNG para sinatura do acordo que firmaron entre o PSOE e o PP, xa que, nesta ocasión, SI estamos dacordo coa proposta de executar o PROXECTO COMPLETO, algo que tanto temos defendido, para non faltar ao respecto á veciñanza de Lariño e darle una resposta o que se ten decidido en Asamblea Veciñal no seu día de cesión do Campo de Fútbol para ese fin concreto.
- A nosa abstención no Pleno responde exclusivamente ao descoñecemento da proposta que tiñan pactada entre o PSOE e PP sin contar coa participación do BNG.
- Estaremos vixiantes e moi atentos a que ese acordo se cumpla en tódolos seus termos. Agardamos que se execute á maior brevidade posible e que non quede esquecido como anteriores acordos plenarios.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!