AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

03/11/2020

O Alcalde de Carnota non quere cumplir os acordos plenarios

 

Onte luns ás 20:15 h os membros da corporación son convocados a un “pleno extraordinario” para ás catro da tarde do xoves con un único punto da orde do día: “aprobar o proxecto modificado de “Mellora” Ambiental do Campo de Fútbol de Lariño”, o mesmo que xa foi rexeitado pola maioria do pleno o día 1 de outubro.

Acaso pensa o alcalde, “por segunda vez”, non cumprir cos acordos plenarios? Recordarlle a Juan Manuel Saborido que un alcalde ten unhas obrigacións, e unha delas é cumprir o acordado nos plenos, se non é unha deixación das súas funcións, sabendo da inxustiza do seu acto e aproveitandose da capacidade de decisión que lle da o seu cargo. O alcalde Juan Manuel Saborido está a amosar unha actitude de desprecio ao pleno que representa a maioria do pobo de Carnota,  vai contra os intereses xerais da veciñanza e neste caso en particular fáltalles ao respeto ás veciñas e veciños de Lariño.

Dende o BNG exisimos ao alcalde velar polo cumprimento do acordo plenario do día 1 de outubro e dar os pasos necesarios para levar a cabo o acordo adoptado.

Non entendemos esta convocatoria. Non entendemos ese empeño en  empeorar un bo proxecto. De verdade pensa que cambiamos de opinión? A ver que nos conta estaredes informados.




Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: