INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 26/11/2020
Tal e como nos comprometemos no seu momento, nos vindeiros días imos dar conta do tratado no último pleno ordinario celebrado o pasado xoves 26/11/2020.
• Aprobación por unanimidade da Conta Xeral do exercicio 2019.
• Aprobación por unanimidade do PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXIA SOSTIBLE ao que o Concello adheriuse o 12 de marzo de 2019, co pacto de Alcaldes polo Clíma e a Enerxía.
• Aprobación do Plan Financieiro Económico (PEF) coa abstención do BNG por non contar ca oposición para a súa elaboración nin coñecer a situación económica real do Concello, a pesares de que fai un mes pedimos información neste sentido e non tivemos contestación. Ao suspenderse polo goberno do Estado a regra de gasto este plan xa non é preciso. O plan é para dous anos 2020 e 2021, o 2020 xa está a rematar. Polo que precisamos que o goberno municipal se poña a traballar XA na proposta de orzamentos para o ano 2020.
Asi mesmo tamén presentáronse unha serie de preguntas(formuladas previamente por escrito) que nos fixeron chegar xs veciñxs por varías vías, ademáis das prantexadas polo propio grupo municipal do BNG, entre as que queremos destacar hoxe as formuladas no pleno do 1 de outubro e contestadas polo alcalde dous meses despois.
• Quen mandou cortar os pinos en Lamas?
Resposta: O alcalde, por suposto claro.
Conclusión: Para esta resposta tan complicada e técnica esperamos dous meses? O 15 de xuño o BNG presenta escrito, a día de hoxe sen contestar, solicitando a entrega de copia do expediente ou resolución no que se acorda cortar os pinos e a taxación da madeira. A vista de que polo alcalde non se responde solicitamos informe ao secretario da corporación que nos di “.... o Secretario non ten coñecemento formal da i incoación dun expediente,...”
Sabemos que o alcalde mandou cortar uns pinos propiedade do Concello sen ningun tipo de acordo ou expediente. Non coñecemos a taxación deses pinos. Non sabemos quen cortou os pinos. Non sabemos se hai cartos ingresados no Concello por eses pinos, onde están os cartos dos pinos?
Dende o BNG esiximos transparencia e cumprir cos procedementos legais!!
• Por que deixou marchar do Concello de Carnota a Mostra de Mares do Fin do Mundo?
Resposta: Foi a productora quen marchou. O último día dixolle que cambiaba de Concello. Non sabe porque marcharon. Foron a falar a Deputación e tiñan unha subvención o dobre do ano pasado.
Conclusión: Outra resposta complicada que o alcalde precisa pensar dous meses!! O que di o alcalde non é certo, ao BNG constalle que foi o propio concello quen non estaba disposto a participar con 6.000€ que foi a participación do Concello de Outes. Por 6.000€ o goberno local de Carnota deixa marchar unha mostra de repercusión internacional que para si queren outros concellos.
Son moitas as preguntas que fixemos para ser contestadas no pleno do día 26 polo que imos ir aos poucos e nos próximos días iremos publicando o resto.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!