No pleno do xoves 1 de outubro, aprobouse por maioría da Corporación (cos votos en contra do grupo que sustenta o goberno municipal, PSOE) a moción de urxencia presentada polo BNG de Carnota, acordando a execución inmediata do proxecto do ano 2018 de MELLORA AMBIENTAL DO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO.
O BNG, ante a proposta de proxecto alternativo presentada polo goberno municipal e ante a paralización do proxecto aprobado por unanimidade no ano 2018 polo anterior goberno municipal, quere facer as seguintes aclaracións:
1.- En Agosto do 2019 o Sr. Alcalde, Juan Manuel Saborido, decretou suspender o procedemento de licitación da obra denominada “MELLORA MEDIOAMBIENTAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO” cando xa había ofertas presentadas. O Prazo de suspensión non pode exceder de 3 meses sen que medie informe no prazo indicado. De non ser así o procedemento debería proseguir o seu curso e polo tanto continuar coa execución do mesmo.
2.- O Proxecto do ano 2018 ten un orzamento de 263.868,50 €. No seu día foi consensuado coa veciñanza de Lariño nunha asamblea convocada pola asociación de veciños, xa que previamente se chegara ao acordo de cesión dos terreos veciñais co fin de que se procedese a execución de dito proxecto.
3.- O proxecto contaba e conta, con tódolos informes sectoriais, é dicir, ten tódolos permisos necesarios para que se realice ou realizara de xeito inminente.
4.- O proxecto do ano 2018 conta cunha ampla zona recreativa e de esparexemento, 2 pistas de pádel e unha zona habilitada como aparcadoiro para 11 autocaravanas.
5.- Un dos aspectos máis destacables do proxecto é a zona de aparcadoiro para autocaravanas pensada para regular dunha forma máis ordenada que na actualidade a situación de descontrol das autocaravanas que hoxe en día invaden todo o espacio litoral do Concello, e neste caso en concreto, da praia de Lariño. Incluso o ideal sería que poidese ampliarse a máis zonas. As caravanas pagarían por aparcar e polo resto dos servizos, polo que este proxecto é un proxecto de futuro, que acabaría recuperando o investimento e crearía postos de traballo.
6.- Nos orzamentos do ano 2019, aprobados tamén por unanimidade dos grupos da Corporación Municipal (incluído o PSOE), engádese unha partida comprometida de 110.000 € para a realización do proxecto e unha subvención do GDR de 38.000 €. Polo tanto, actualmente no Concello hai 148.000 € destinados á execución deste proxecto e que non poderían ser destinados para outro fin.
8.- Nos orzamentos do ano 2020 tamén existe un compromiso doutra partida polo resto do orzamento do proxecto (115.868,50€) para a execución en dúas anualidades.
9.- O gasto derivado deste proxecto é factible grazas ao grande esforzo na contención do gasto durante os anos de goberno do BNG que permitiu sanear as contas municipais e que houbese un remanente de tesourería de preto dun millón de euros que permite poder acometer sen ningún tipo de problema este proxecto.
10.- A proposta de proxecto alternativo presentado polo actual goberno municipal do PSOE supón a supresión da zona de aparcadoiro de caravanas e con isto os servizos que trae aparellado, así como a eliminación dunha das pistas de pádel proxectadas. Casualmente suprimiríase a parte do proxecto máis productiva e que podía ser xeneradora de recursos económicos para o concello e de creación de postos de traballo.
11.- Dende o BNG consideramos unha falta de respecto á anterior corporación municipal (incluído o anterior grupo municipal do PSOE) o feito de suspender a execución do proxecto dun xeito totalmente arbitrario, xa que os acordos do pleno son de obrigada execución. É competencia e obriga do alcalde facer cumprir os acordos plenarios.
12.- Polo tanto, despois de pasar por segunda vez este proxecto a aprobación do pleno, o seguinte paso que terá que dar necesariamente o goberno municipal e o Sr. Alcalde, é o de continuar co procedemento xa iniciado, nomear a mesa de contratación e proceder á adxudicación do proxecto que debe executarse nun prazo de 6 meses. Dende o BNG estaremos atentos a que se cumpran os acordos plenarios e se non é así esixiremos as responsabilidades que faga falta.
Moción de urxencia presentada na sesión plenaria do 01/10/2020
AO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CARNOTA O GRUPO MUNICIPAL DO BNG FORMULA A SEGUINTE MOCIÓN DE URXENCIA NA SESIÓN PLENARIA DO 01/10/2020
O GRUPO MUNICIPAL BNG DE CARNOTA ao abeiro do disposto noartigo 97.3 do ROF e en relación co disposto no artigo 91.4 do mesmo Texto Legal, formula a seguintePROPOSTA
O Grupo Municipal do BNG propón, previamente a que polo pleno se acorde a urxencia da moción, que se execute inmediatamente o proxecto do ano 2018 de MELLORA AMBIENTAL DO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO, que xa está aprobado e licitado con orzamento de 263.868,50 euros.XUSTIFICACIÓN
O proxecto de MELLORA AMBIENTAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO con un orzamento de 263.868,50 euros foi aprobado por unanimidade do pleno o 30 de outubro de 2018. Constando todos os informes sectoriais por resolución da alcaldía apróbase o expediente de contratación e o gastocorrespondente segundo se indica na citada resolución. Acórdase igualmente publicar a licitación no perfil do contratante. O 3 de xuño de2019 publícase o anuncio de licitación. Do día 20 ao 24 de xuño de 2019 constan presentadas cinco licitacións. O día 9 de agosto de 2019 por resolución da alcaldía acordase “suspender o procedemento de licitaciónda obra denominada MELLORA AMBIENTAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO, polo tempo que medie entre a petición desde Concello e a recepción do informe.... Este prazo de suspensión non poderá exceder de tres meses, polo que en caso de non recibirse o informe no prazo indicado, proseguirase o procedemento”.
Vista a paralización inxustificada de dous anos do proxecto anteriormente mencionado.Hai presentadas licitacións. Existe unha partida orzamentaria de 110.149,29 euros e unha subvención do GDR de 38.000€ e un compromiso orzamentario para o ano 2020 para a realización deste proxecto.SOLICITA
Que polo pleno se proceda a votación de urxencia. Unha vez acordada a mesma se someta a debate e votación do pleno para proceder acordar a execución inmediata do proxecto do ano 2018 e MELLORA AMBIENTAL DO CAMPO DE FÚTBOL DE LARIÑO, que xa está aprobado e licitado con un
orzamento de 263.868,50 euros, e proseguirse o procedemento conforme a resolución do alcalde de 9 de agosto de 2019.
Carnota, 1 de outubro de 2020
Asina a portavoz do Grupo Municipal do BNG
Belén Campos Díaz
Hai 0 opinións.
Publica a túa!