No pleno do día 1 de outubro o alcalde comunícanos a súa decisión de non contestar no mesmo pleno ás preguntas que se lle formulan e ás que dará resposta no primeiro pleno inmediatamente posterior, e dicir dous meses máis tarde. Ao non ter resposta as nosas preguntas de forma oral no pleno onde se expoñen, e amparados pola Lei, pretendemos formulalas por escrito e que se nos conteste no pleno inmediatamente posterior, polo que as preguntas se traladarán en tempo e forma vía rexistro, do cal terá cumprida información toda a veciñanza mediante a publicación nos medios habituais de comunicación do BNG de Carnota. Ante a imposibilidade de continuar cas asembleas veciñas por mor do agravamento da situación derivada de pandemia COVID-19, dende o BNG queremos ofrecerlle as nosas veciñas e veciños a posibilidade de que nos fagan chegar toda canta pregunta, proposta ou información que consideren necesarias incluír nese escrito para trasladarllas ao goberno municipal polo que podedes contactar tanto co responsable local coma con calquera integrante do grupo municipal.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!