ASEMBLEA VECIÑAL EN LARIÑO
Comprometidos como sempre na participación veciñal, onte en Lariño retomamos as asembleas coa veciñanza de Carnota, por suposto tomando todas as medidas de seguridade necesarias motivadas pola actual situación de pandemia que estamos a vivir. Imos realizar unha serie de xuntanzas en cada lugar do Concello, para recoller as inquedanzas dxs veciñxs, as distintas necesidades en obras e servizos para posteriormente prantexar ao goberno municipal e que se teñan en conta a súa inclusión nos distintos plans de obras municipais.
No caso de Lariño había unha preocupación evidente pola situación do proxecto de Mellora Medioambiental no entorno do Faro de Lariño, en concreto no campo de fútbol. A portavoz municipal Belén Campos, o concelleiro Manolo Souto, a concelleira Pilar Tubío, e o responsable local do BNG de Carnota Jorge Fiuza, deron conta de toda a información e da actual situación do proxecto aprobado no ano 2018 por tódolos grupos que formaban a corporación municipal (BNG, PP e PSOE) e paralizado coa entrada do novo goberno do PSOE.
Dito proxecto pretendía ser modificado e recortado sustancialmente polo actual goberno municipal do PSOE mediante a presentación dunha proposta que non foi aprobada polo pleno celebrado o pasado día 1 de Outubro, xa que se consideraba que non había motivos suficientes para privarlle ao pobo de Lariño do proxecto orixinal moito mais completo e que ademáis fora refrendado polxs veciñxs e pola unanimidade da anterior corporación.
Unha vez exposto o tema abriuse un turno de intervencións onde se poido apreciar o sentir maioritario da veciñanza presente, de que se execute o proxecto aprobado, xa en dúas ocasións polo Pleno da Corporación Municipal á maior brevidade posible, preocupándose incluso polos prazos de execución e comprometéndose o grupo municipal do BNG a facer un estreito seguimento para que se cumpra sin demora cos acordos plenarios.
Tamén se recolleron as necesidades prantexadas polxs veciñxs sobre unha serie de obras menores, pero a gran preocupación está no problema do saneamento. Por parte do anterior alcalde Moncho Noceda, douse conta das xestións realizadas na anterior lexislatura, coa participación nalgunha das xuntanzas con representantes da asociación veciñal, e da situación do proxecto eleborado por Augas de Galicia que argumenta problemas orzamentarios para poder acometer ditas obras. Compre lembrar que as competencias en temas de saneamento son da Xunta de Galicia. O BNG de Carnota trasladará aos diputados do BNG no parlamento de Galiza este tema para facer a pertinente interpelación parlamentaria ao Goberno da Xunta.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!