AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

13/07/2020

Carnota votou cambio liderado polo BNG

1 de cada tres veciñ@s elixiu a papeleta do BNG


A veciñanza de Carnota apoiou o domingo un cambio na presidencia da Xunta liderado por Ana Pontón e o BNG. O panorama que deixan as urnas este 12X debuxa un panorama radicalmente diferente ao rexistrado nas últimas citas electorais e sobre todo nas eleccións municipais celebradas hai tan só un ano; o PSOE, que se alzou daquela coma forza máis votada, cae á terceira praza, mentras que o BNG volveu a ser segunda forza, tras incrementar un 51,6% o número de apoios con respecto ás anteriores eleccións autonómicas. O PP volveu a ser primeira forza nunhas autonómicas no noso Concello, malia ceder un 3,72% de apoios.

A Asemblea Local do BNG agradece a toda a veciñanza que creron no proxecto de cambio galego liderado por Ana Pontón, e comprometémonos a representar dignamente a todas e cada unha desas persoas desde a lideranza da oposición ao PP que nos encomendou o pobo galego.
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: