AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

13/06/2020

Tras Carnota, o goberno local devasta o medio en Lamas de Castelo

 
A veciñanza puxo novamente o grito no ceo por un novo andazo na escalada arboricida do PSOE de Carnota, quen desde que se fixo co goberno local en maio do ano pasado non para de arrasar os distintos espazos naturais de titularidade municipal do noso concello. Esta vez a devastación aconteceu en Lamas de Castelo, o que non só enfadou moito á veciñanza de Pedrafigueira senón de todo o Concello, pois alí radícanse boa parte dos servizos públicos municipais coma instituto e escola infantil.

Unha empresa arrasou o fermoso piñeiro que abrigaba este espazo público, o mesmo que pasou co espazo verde sito entre o Colexio Público e o Centro Médico de Carnota, poucas semanas atrás.

O BNG de Carnota pedirá explicacións ao goberno local por esta estratexia arboricida, para averiguar que cal é o obxectivo que pretende arrasando os bosques que existen desde hai décadas ou séculos no noso Concello, e quen se está a beneficiar desta destrución sistematica do noso medio natural.

Ver album de fotos do estado no que deixaron a zona no noso Facebook.

Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: