Á dereita, o espazo que vai ser enteiramente restaurado e integrado no entorno do Faro, cando o PSOE o permita |
O proxecto tramitado polo anterior executivo de Moncho Noceda contempla a demolición das barreiras visuais do antigo campo de fútbol, que leva décadas en desuso, para dar paso a un proxecto de reintegración paisaxística deste espazo no seu privilexiado entorno natural de Punta Insua, dotándoo de instalacións deportivas, lecer e delimitando ademais un espazo para dar solución a unha vella demanda: unha zona para o estacionamento de autocaravanas. As obras estaban a piques de iniciarse, mais o cambio de goberno que se produciu en Carnota en maio do ano pasado, cando o goberno pasou do BNG ao PSOE, truncouno de raíz.
É importante recalcar que este proxecto foi aprobado por unanimidade do Pleno (BNG, PP e PSOE), que foi consensuado coa veciñanza de Lariño en asambleas veciñais e que ata se deixou xa aprobada a partida orzamentaria, polo que BNG de Carnota esixe ao goberno local que deixe de demorar esta iniciativa e permita que arranquen dunha vez as obras, para que se salde dunha vez a débeda histórica que ten o Concello de Carnota co pobo de Lariño, que leva décadas sen poder sentirse orgulloso dun dos seus máis fermosos e virxes espazos naturais.
Pola parte positiva, onte mesmo o Consello de Ministros levantou a prohibición para usar o faro de Lariño como aloxamento turístico, dando por fin a razón á prolongada loita da veciñanza de Lariño, que lanzaran a campaña Salvemos o Faro pola posta en valor do seu principal símbolo de xeito que se convirta nun motor para o entorno. O noso parabén a todas as persoas que contribuíron a esta vitoria.
Non fan, e paralizan ou empeoran o que fixemos outros antes
O PSOE apela ao «aforro», pero non o demostra, para xustificar o cambio arbitrario de calidades e de materiais |
O mesmo acontece cos proxectos de renovación das vías de Mallou e na Capela do Pindo, onde o PSOE tamén fixo cambios con respecto aos proxectos orixinais do gobrno anterior aprobados por unanimidade no Pleno e consensuados no seu día co pobo, e que non agradaron para nada á veciñanza.
En todos os casos o PSOE apela ao suposto «aforro» que lle supón cambiar os materiais orixinais a outros máis cativeiros, mais o BNG dubida que sexa asi e mesmo sospeita que nalgúns casos en realidade a modificación acabou encarecendo o proxecto.
Un goberno inimigo da natureza?
Aspecto de devastación que presenta hoxe o espazo verde a carón do Colexio de Carnota |
Hai 0 opinións.
Publica a túa!