AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/06/2020

Inhabilitados ex-alcalde e ex-tenente de alcalde do PP de Carnota por contratos ilegais do seu mandato


A Xustiza acaba de condear aos membros do PP de Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro, alcalde e tenente de alcalde do Concello de Carnota, respectivamente, desde 2007 ata 2011, por un delito de prevaricación administrativa en contratos de traballo asinados durante o seu mandato. Ao facerse firme a sentenza, quedarán inhabilitados para o exercicio de ningún cargo público durante 7 anos.

Malia a enorme dilación do preito (hai máis de 7 anos que se iniciou), o veredicto do Xulgado do Penal da Coruña non pode ser máis contundente: alcalde e tenente de alcalde son responsábeis dunha contratación que non seguiu ningún dos procedementos fixados pola lexislación vixente, como poden ser a transparencia e a publicidade do posto.

O BNG de Carnota sempre defendeu (ás veces en solitario) a irregularidade deste contrato.

O BNG pide ao actual goberno de Carnota que lles reclame a devolución de 170 mil euros ás arcas do Concello

O BNG de Carnota, que exerceu a acusación popular neste preito, non pode -por lei- esixir aos condeados a indemnización compensatoria polo prexuízo causado por este ilícito ás arcas municipais, estimado en máis de 170.000 euros, polo que lle pedirá aos actuais mandatarios municipais -PSOE- que recurran o fallo para esixir aos ex-mandatarios populares que restitúan solidariamente o inxente dano económico causado á veciñanza de Carnota, e que eses cartos se destinen a atender as necesidades sociais nun momento que está a ser moi duro para a veciñanza.


Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: