EMPEZAN A VER A LUZ AS OBRAS DO BNG SALVO UN PROXECTO PARA O PINDO POR VOTAR ENCONTRA O
PSOE E O PP
Xa
era hora!!! As obras comprometidas ca veciñanza polo goberno do BNG
empezan a ver a luz. Apróbase definitivamente o plan Especial para o Centro
Social en Valadiño correspondente ao POS do ano 2018. Adxudícanse as obras na
Capilla-O Pindo. As rúas en Mallou e a pavimentación na zona oeste da Rúa en
Lira, obras aprobadas no POS 2019. Estas dúas últimas obras, xunto con outros
proxectos, son unha aposta do anterior goberno do BNG e forman parte dun
ambicioso plan para mellorar e facer as rúas dos nosos pobos e lugares máis
habitables con pavimento de lousas de pedra, soterramento de luz, telefonía,
etc.
Dende
o BNG sentimos que a veciñanza do Pindo non poda disfrutar dunha mellora nunha
das súas rúas como si o van facer Lira e Mallou. No pleno do día 5 de decembro,
O POS 2020 foi aprobado por unanimidade da corporación. Nese mesmo pleno o PP e
o PSOE de Carnota votaron en contra da proposta do BNG de incluir dentro
do POS 2020 un proxecto de 184.051,13 euros de investimento para o Rueiro
interior do Pindo (na Corredoira), e que o anterior goberno municipal do
BNG xa deixou elaborado, un proxecto de máxima necesidade como así o ten
demandado a veciñanza e que completaría o saneamento integral desta localidade
colocando ao Pindo na mesma senda de lugares como Mallou con un investimento de
159.765,54€ ou da Rúa leste e oeste de Lira con un investimento total de
196.794,01€.
Non
deixa de ser curioso que os dous ediles do Pindo voten en contra de melloras
para o seu pobo.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!