Novo goberno municipal do PSOE de Carnota (foto: La Voz de Galicia) |
O alcalde de Carnota pasaría a ser o 2º rexedor da bisbarra que máis lle custa a cada veciño e veciña
O PSOE de Carnota non logrou no pleno municipal que tivo lugar o pasado xoves que prosperara a súa pretensión de incrementar ostensibelmente os salarios políticos do goberno de Carnota asi coma as indemnizacións por asistencias a Xuntas de Goberno e outros organismos.O BNG lembra que a proposta do PSOE suporía multiplicar por 8 o custo das Xuntas de Goberno ás arcas municipais, aumentar case un terzo o salario do alcalde ata o máximo permitido por Lei tamén e duplicar as dedicacións exclusivas. A proposta foi observada desde o primeiro momento con incredulidade por parte da veciñanza e logo con decepción, pois non se ve xustificado convertir a Carnota no segundo concello da comarca (non o terceiro, como dixemos nun principio, pois supostamente o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño xubilouse en nadal) no que cada veciña e veciño máis aboará ao seu alcalde.
De feito, unha enquisa feita nas nosas redes sociais Facebook e Twitter indica que a inmensa maioría da nosa veciñanza non ve con bos ollos o salario que pretendía o Moma; outra enquisa do Facebook Carnota A Coruña sinala que un altísimo volume de veciños e veciñas tampouco aprobaba a idea de duplicar as dedicacións exclusivas.
Incribelmente o alcalde, quen finalmente terá que rectificar esta proposta, afirmou hoxe na prensa que os enormes incrementos que pretendía atribuírse suporían «un descenso dun 10% dos salarios».
Hai 0 opinións.
Publica a túa!