Este exemplar vai dirixido fundamentalmente a valorar os resultados das pasadas eleccións municipais e as circunstancias que levaron a eles, asi coma un repaso á situación na que o BNG deixa o municipio (excelente, en relación á herdanza que recibiu do PP en 2011) a tamén o rexeitamento veciñal á desorbitada proposta económica que puxo o PSOE enriba da mesa, e que supón un incremento dun terzo respecto ao salario que tiña Moncho e converter Carnota no segundo municipio da comarca no que máis paga cada habitante ao seu alcalde.
Sumario
- Belén Campos, nova portavoz municipal do BNG de Carnota. Resultados das eleccións municipais.
- Milucho Louro renuncia a tomar posesión coma concelleiro
- O ataque contra o fogar de Milucho foi a barbaridade que colmou o vaso
- [Carta aberta] Moncho Noceda agradece á veciñanza o apoio recibido como alcalde 14 anos
- O PSOE quere devolver o Concello á senda do dispendio en soldos políticos
- Dispáranse as dietas e multiplícase por 8,3 o custo das Xuntas de Goberno
- [Debate] Pode Carnota permitirse un dos tres alcaldes mellor pagados da comarca?
- O BNG seguirá defendendo un soldo digno para o alcalde dun pobo digno
- O BNG exercerá a alternativa de goberno e a defensa da democracia
- O BNG velará pola execución dos proxectos comprometidos para cada lugar
- O Concello pasou da ruína total do PP a pagar ao día e medrar co BNG
- O BNG mellorará e reforzará a súa organización local e Galiza Nova
Hai 0 opinións.
Publica a túa!