AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/07/2019

Debate: Pode o alcalde de Carnota permitirse o luxo de ter un dos soldos máis altos da comarca?

O BNG e a veciñanza pregúntanse se é lexítimo que o novo alcalde de Carnota eleve o seu salario ata o tope legal na súa primeira semana no cargo

Datos de 2018. Fontes: IGE (poboación)
e Ministerio de Política Territorial (salarios)
Malia a mellora significativa do estado das contas do noso Concello, obra do bo facer do executivo de Moncho Noceda que soubo facer por practicamente saldar todas as débedas municipais, Carnota sufre unha perda constante do seu saldo vexetativo, alcanzando agora a duras penas os 4.000 habitantes, polo que os seus recursos tamén serán cada vez máis limitados. Por iso non parece moi sensato elevar o salario do seu alcalde ata ser un dos tres alcaldes mellor pagados da comarca en relación ao seu número de habitantes, xunto con Laxe e Dumbría, senón o contrario: non sería máis sensato continuar na senda da moderación e contención fixada no rigoroso Plan de Axuste que tan bos resutados está dando? Ese plan foi proposto polo BNG e aprobado no seu día co apoio do PSOE, aínda que agora parezan esquecelo, pois limita os salarios políticos por debaixo do que eles pretenden agora aprobar.

Como é normal a veciñanza xa está a expresar o seu rexeitamento a esta proposta salarial, pois co claro subrecusto que supoñen estes sobresoldos que quer o PSOE poden mellorarse moitos servizos que se presta á veciñanza, e axudar a poñer en marcha algúns dos proxectos nos que o BNG estaba a traballar, coma o Viveiro de Empresas, o Auditorio de Carnota no Viso, a rexeneración do entorno do Campo de Fútbol de Lariño, o Cámping Municipal en Carnota ou a Pasarela Peonil ata a fervenza do Ézaro pola beira de Carnota, no Pindo.
Etiquetas: , ,

Hai unha opinión.

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: