AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

22/05/2019

Tras Cornido e a Montaña, seguiremos aumentando e mellorando a rede de centros sociais para a veciñanza

O Centro Social de Cornido xa está rematado e á disposición da veciñanza
Unha das principais apostas do BNG de Carnota nesta lexislatura para contribuír a participación e a autoorganización veciñal foi a implantación de novos centros sociais; é dicir, locais veciñais de titularidade municipal que veñen a subsanar a carencia de espazos de reunión e de celebración de eventos en moitos dos núcleos do noso Concello, sobre todo nos máis pequenos e rurais. O BNG seguirá apostando pola ampliación da rede de centros sociais á disposición da nosa veciñanza.

Neste mandato xa logramos crear dous, en Cornido e Outeiro. O primeiro xa está en marcha e á enteira disposición dos seus usuarios, a veciñanza de Cornido, e de feito vimos de empregalos en varios actos do BNG neste fermoso núcleo situado ante os pes do Monte Pindo.

O segundo aínda non está dispoñíbel pero o proxecto xa foi elaborado, financiado e sometido a información pública, por tanto coas obras a piques de iniciarse. Ubicarase no Valadiño (Outeiro) e dará servizo ás veciñas e veciños dos lugares da Montaña. Conterá baños, cociña, almacén e un espazo polivalente de máis de 30 metros cadrados.

Asi será o Centro Social do Valadiño cuxas obras están a piques de iniciarse (Fonte: páxina 184 do Proxecto)
Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: