O BNG de Carnota presenta o proxecto que aspira a converterse, co apoio masivo da veciñanza o 26 de maio, no
Programa de Goberno que transformará Carnota entre os anos 2019 e 2023.
Este documento non está inzado de ocurrencias nin de obras faraónicas que hipotequen durante décadas o futuro de Carnota; sen embargo este documento si está inzado da creatividade da nosa veciñanza, que en case 20 actos e reunións (presenciais e mesmo online) con toda a nosa veciñanza e cos axentes sociais, ás que asistiron preto de 500 persoas, que nos fixeron saber en primeira persoa cales son as súas dúbidas, preocupacións e esperanzas.
A eles corresponde enteiramente a autoría deste documento que asumimos, desde xa, como folla de ruta para facer de Carnota un lugar para vivir, ao que convidamos tamén toda a veciñanza que queira un futuro mellor para este Concello, pois aínda que todos sabemos que Carnota é un dos Concellos máis fermosos da costa galega, o máis valioso que ten Carnota son as súas persoas.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!