AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

24/05/2019

O Auditorio de Carnota será pronto realidade en San Mamede

Rematando coa quinta das nosas proposta ⭐ estrela do noso Programa, unha vez coñecidas as da parroquia de O PindoLariño, Carnota e Lira, o BNG presenta a que ten previsto desenvolver no vindeiro mandato na parroquia de San Mamede.


Outra vella demanda da nosa veciñanza e dos seus axentes sociais é a carencia dun recinto municipal que poida acoller eventos culturais, musicais, etc... de certa entidade. Tradicionalmente o Salón de Actos do Concello ten suplido esta carencia en multitude de ocasións, pero o seu aforo é bastante limitado; os novos tempos fan necesario un local cun aforo maior, e por iso o BNG traballa pola creación do Auditorio de Carnota no Viso, que permitirá a organización de todo tipo de espectáculos e eventos musicais e culturais.

A posta en marcha deste recinto poderemos ampliar a programación cultural do noso municipio, incluílo na Rede Cultural provincial e multiplicar as posibilidades que ten Carnota para acoller eventos non só organizados polo Concello, senón polos seus distintos axentes sociais e mesmo apostar por que outras entidades elixan Carnota apara organizar os seus eventos institucionais, científicos, etc... asi coma o que se ten denominado "turismo de congresos" neste entorno natural privilexiado.

Por iso será unha prioridade do goberno de Milucho Louro habilitar e dotar con todos os equipamentos, comodidades e tecnoloxías o Auditorio de Carnota neste mandato.
Etiquetas: , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: