O Viveiro de Empresas multiplicará as oportunidades para emprender en Carnota (Imaxe: Edita Cambeiro) |
Pero o Viveiro non só suporá un local totalmente equipado e conectado, cos principais servizos comúns mancomunados; tamén conlevará o apoio e o asesoramento empresarial e financieiro ás persoas que aposten por Carnota e polo rural galego á hora de emprender.
Agardamos que coas grandes facilidades para a posta en marcha de novos proxectos empresariais ou cooperativos no noso municipio contribúan a acrecentar o dinamismo que xa está xerando o tecido empresarial carnotán desde a recente posta en marcha da ACEP, e a crear postos de traballo e fixar poboación, aliviando o problema de despoboamento que Carnota, como o resto do rural da Costa da Morte e Galiza, están a acusar.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!