Pois ben, de continuar o BNG no goberno, Carnota non contará con un senón con dous Centros de Interpretación: un centrado nos valores naturais e xeolóxicos do Monte Pindo e outro dedicado ao riquísimo patrimonio etnográfico, centrado nos hórreos que son un dos nosos sinais de identidade.
Fermosa panorámica desde o Monte Pindo coa praia de San Pedro do Pindo debaixo (cc) |
O Centro de Intepretación do Monte Pindo fará xustiza á falta de investimentos públicos neste espazo
O Monte Pindo, xoia da coroa de Carnota, supón un grandisimo recurso e polo de atracción que, correctamente xestionado, podería converterse non só nun motor para Carnota, senón de toda a Costa da Morte. Sobra enumerar os valores que o fan merecedeiro de atención, mais desgrazadamente o organismo responsábel da súa xestión, a Xunta de Galicia, preferiu -desde que a goberna o PP- abandonalo.Desde o goberno de Carnota fíxose todo o posíbel por obter compromisos por parte da Xunta con este espazo, pero nunca nada vemos máis alo de declaracións de intencións, e moito menos a necesaria declaración deste espazo como parque natural, figura que garantiría á zona un orzamento anual, proxectos e persoal propios.
Porén, Carnota non pode permanecer impasíbel ante esta desatención. Por iso o BNG fará todo o que está dentro das súas posibilidades para protexer e potenciar este noso tesouro. Por iso na vindeira lexislatura declararase ENIL (Espazo Natural de Interese Local), máximo recoñecemento que un municipio pode promover para un espazo natural.
Sen embargo este recoñecemento non pode limitarse ao papel, senón que irá acompañado de medidas coma a posta en marcha do Centro de Interpretación do Monte Pindo, o primeiro centro dedicado ao mítico macizo carnotán que albergará paneis informativos sobre os seus valores e rutas, unha biblioteca especializada e unha pequena colección arqueolóxica visitábel.
Malia que os de Lira e Carnota eclipsan ao resto, temos máis de 800 hórreos de magnífica factura, coma este en Panchés (cc) |
Hai 0 opinións.
Publica a túa!