AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

10/05/2019

Arrinca a campaña na que Milucho Louro e o seu equipo traballarán para revalidar o goberno de Carnota


Esta medianoite comezou oficialmente a campaña electoral, onde malia a choiva persistente o equipo de BNG de Carnota saiu á rúa para a tradicional pegada de cartaces nos paneis electorais que o Concello dispuxo a tal efecto.

Será unha campaña ilusionante e moi completa, estreitamente en contacto co pobo que é quen máis ordena, para o que convocamos actos públicos en practicamente todos o lugares do municipio, comezando mañá mesmo ás 19h en Quilmas e ás 20h en Panchés, e rematando cun gran acto de peche de campaña o venres 24 de maio, último día de campaña, en Lira. A estes sumaranse outras iniciativas moi interesantes coma un debate radiofónico na Radio Nordés, o vindeiro 21 de maio.

Esta entrada en campaña non vén senón a continuar co ritmo intensísimo que xa tivera a precampaña do BNG, na que desenvolviu un total de 14 actos presenciais, unha asemblea online coa Carnota emigrada, ademais dos multitudinarios actos de presentación do novo candidato Milucho Louro e por suposto a recente cea-presentación da súa candidatura.

En canto ao material de difusión, ademais dos clásicos carteis do candidato, o Bloque distribuirá ente toda a veciñanza un díptico informativo resumindo as ideas fortes do seu proxecto e un libreto co programa electoral detallado, incluíndo as propostas concretadas por lugares, recollidas durante case vinte reunións nos distintos núcleos, cos axentes sociais e tecido empresarial, nas que estimamos que participaron preto de 500 persoas. Asi mesmo, para axudar a sufragar os gastos da campaña electoral (que a Asemblea local do BNG de Carnota asume integramente) editouse unha camiseta na que agardamos que toda a veciñanza se vexa representada.

Consegue xa a túa por 10€
Agardamos que todo isto sirva para transmitir á veciñanza toda a ilusión e entusiasmo que puxemos nesta nova etapa, e sumar forzas e folgos a un proxecto que tentará facer de Carnota un lugar para vivir, de xeito que o vindeiro 26 de maio volvamos a revalidar a confianza maioritaria da veciñanza, e nos permita continuar outros catro anos co noso proxecto e que traia máis futuro, máis tranformación, máis estabilidade... e en definitiva, #MáisCarnota.

Vota Milucho Louro, vota BNG!

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: