Acción en Carnota en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo |
O goberno local do BNG de Carnota asumiu con absoluta convicción que un executivo municipal non pode permanecer impasíbel ante esta lacra ou percibila coma algo estrutural ou alleo, agardando tan só a saír a lamentarse ante o seguinte caso mediático de violencia machista; o goberno debe ser totalmente consciente da gravísima problemática que segue a suporlle ás mulleres o machismo aínda inherente en parte da nosa sociedade, e ten que ser proactivo tanto na diagnose coma na prevención e corrección de situacións de posíbel discriminación contra as mulleres.
Por iso o goberno de Carnota, a través da Concellería de Igualdade e Diversidade liderada por Marupe Armendáriz, lanzou no pasado mandato o IV Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes, con vixencia 2019-2022, dando continuidade ao traballo feito neste campo polos anteriores executivos do BNG de Carnota. Este documento parte dunha diagnose realista da situación e fixa medidas reais e efectivas para a prevención do maltrato e da violencia machista, para a conciliación da vida laboral e familiar, para a plena inserción da muller no entorno laboral, etc.
A este proxecto súmanse iniciativas máis puntuais coma os Marzos feministas, a campaña Carnota en negro, ou os obradoiros de autodefensa para mulleres, que resultaron ser un rotundo éxito de participación.
Agardamos que esta aposta pola igualdade real entre homes e mulleres sirva para contribuír a erradicar dunha vez as violencias e discriminacións que sufren as mulleres polo simple feito de selo.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!