Milucho Louro no I Foro de Debate organizado por esta pioneira entidade xuvenil. |
Por iso o BNG puxo en marcha no pasado mandato o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021), que deu como principal froito o nacemento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia, un organismo que vén a funcionar coma un executivo municipal "paralelo" conformado integramente por nenos e nenas do municipio. O BNG apostará por darlle plena autonomía para debater os seus problemas, tomar as súas decisións e mesmo dispoñer dun pequeno orzamento que poden destinar aos seus proxectos; é dicir, tratamos de facer que a mocidade sexa un suxeito activo e participativo na vida municipal e non un mero espectador das dinámicas estabelecidas polas persoas adultas.
O gran dinamismo desta entidade xa se ten demostrado recentemente coa organización do I Foro de Debate, no que a mocidade convidou aos candidatos á alcaldía a debater ante eles, e a expoñerlle os seus problemas e a consensuar solucións. Tamén podedes seguir o seu blog aqui.
A iniciativa pioneira posta en marcha por Carnota por e para a súa mocidade xa foi recoñecida por UNICEF, que declarou o noso municipio "Cidade amiga da infancia".
Hai 0 opinións.
Publica a túa!