AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

17/04/2019

Pili Tubío, nº 4 do BNG Carnota

Retomando a presentación da nosa candidatura, tras Milucho, Belén e Manolo, no posto nº 4 participará Pili Tubío Lariño, veciña de Lira desde hai moitísimos anos aínda que é natural de Corcubión.

Pili traballa de funcionaria da Xustiza e malia ser a primeira vez que se presenta nunha candidatura en Carnota non é nin moito menos unha descoñecida no BNG, onde ten responsabilidades no seu Consello Local carnotán desde hai case unha década, nin tampouco entre a veciñanza, destacando pola súa implicación na activísima plataforma Nunca Máis Carnota, no movemento feminista e tamén no asociacionismo, principalmente a través da Asociación Cultural Canle de Lira, de cuxa directiva forma parte.

Pola súa gran capacidade e demostrado compromiso co pobo e a causa Pili gañouse un merecido espazo na candidatura do BNG da nova etapa de Milucho Louro.
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: