AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

15/04/2019

O éxito do encontro coa Carnota emigrada eleva a participación veciñal a 500 persoas


O BNG de Carnota xa está a redactar o que será o seu Programa de Goberno máis social e participativo, pois basearase enteiramente nas propostas recollidas durante unha intensa rolda de contactos veciñais e sociais nos que participaron preto de medio milleiro de persoas.

Sen contar a presentación de Milucho en xaneiro, o BNG desenvolviu 13 Asembleas veciñais, desde a primeira, en Lariño, pasando por Lira, Carnota, San Mamede, Caldebarcos e Panchés, A Montaña, Louredo, Canedo, Quilmas e A Curra, Pedrafigueira, Cornido, O Pindo, e Mallou. Nestas Asembleas asistiron un total de 262 persoas que nos permitiron recoller 108 propostas e iniciativas, ás que temos que sumar outras 25 propostas contabilizadas en distintos encontros con axentes sociais e culturais do municipio, coa asociación empresarial carnotá ACEP, ou recibidas a través da nosa nova App.

Éxito do encontro virtual coa 6ª parroquia, a da Carnota emigrada

Porén, o grande éxito estaría por chegar onte mesmo, na Asemblea veciñal coa nosa 6ª parroquia, e tristemente a máis numerosa: a da Carnota emigrada. A nosa diáspora secundou a oportunidade de comunicarse sen intermediarios co alcalde Moncho Noceda e co novo candidato Milucho Louro; un total de 200 persoas conectáronse en directo nalgún momento da hora que durou o encontro, o que tamén nos permitiu recoller varias preguntas, queixas e iniciativas que teremos en conta á hora de avaliar o traballo feito no goberno durante estes anos, e sobre todo durante os vindeiros 4 anos se a nosa veciñanza decide renovar a súa confianza no BNG para seguir a ocuparse do goberno de Carnota e continuar co traballo de recuperación, participación e reactivación deste Concello cheo de potencialidades e de persoas dispostas a desenvolvelas.

Podedes reproducir o directo nesta ligazón.

Aprobouse a candidatura que acompañará a Milucho ata a alcaldía

Boa parte desas persoas cheas de ideas e compromiso conformarán unha renovada candidatura do BNG cuxa composición completa xa foi aprobada o pasado sábado nunha Asemblea Local extraordinaria que desenvolvemos ao remate da masiva Concentración de apoio a Manuel de Talelo. En breve anunciaremos o acto de presentación da nosa candidatura, mais neste tempo iremos desvelando nas nosas redes sociais os nomes de cada candidata e candidato xunto cunha breve reseña persoal.
Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: