AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

29/04/2019

O BNG duplica resultados en Carnota e Galiza mais é insuficiente para devolver a voz galega ao Congreso


A nosa mensaxe de campaña era clara: votar ao BNG para frear a extrema dereita de Vox (con quen todo apuntaba que se desputaba o último escano da Coruña) e devolver a voz do pobo galego a Madrid, ausente dos grandes debates desde que o BNG perdeu a súa representación, ao contrario das forzas nacionais bascas e catalás que si reivindicaron e obtiveron o seu espazo.

Parte do pobo galego entendeu a mensaxe e optou por ter voz propia, e o BNG duplicou os seus votos polo que o obxectivo conseguiuse parcialmente, e o BNG impúxose a Vox deixándoos sen ningún escano en Galiza.

Porén foi a dereita españolista de Ciudadanos quen se faría finalmente cos últimos escanos en xogo na Coruña e Pontevedra pola fragmentación do nacionalismo, que finalmente imposibilitou que o BNG obteña representación en Madrid, quedándose ás portas malia duplicar os votos obtidos no anterior proceso.

O BNG duplica en Carnota

En Carnota os resultados do nacionalismo foron positivos, pois recuperou un pulso nas Eleccións Xerais que parecera perder nos anteriores procesos: o BNG duplica votos e colócase como terceira forza no Concello, converténdose na segunda praza con máis apoio para o nacionalismo galego na Costa da Morte (só tras Corcubión) e superando amplamente tanto a Ciudadanos como a Podemos; De feito, é a única praza da Costa da Morte na que o fixo e ademais polo maior marxe de votos nos dous casos.

A esquerda duplica á dereita en Carnota

Por último, comprácenos ver que en Carnota a suma das esquerdas tamén duplica practicamente a suma das dereitas, deixando claro que unha cita tradicionalmente benévola para a dereita no noso Concello xa non o é tanto, o que pode indicar un cambio de ciclo con menor nivel de voto cautivo do Partido Popular e a dereita españolista. Porén está claro que a vitoria a nivel carnotán foi nesta ocasión para o PSOE, a quen aproveitamos para parabenizar e convidamos a loitar para que desde a súa renovada maioría parlamentaria en Madrid e previsíbel goberno non ceda á presión das dereitas máis rancias e españolistas e sitúe no centro do debate, cando menos a través dos seus membros galegos, os problemas de Galiza en xeral e de Carnota en particular.

Agradecemos enormemente o traballo feito por membros de mesas electorais, funcionariado, interventores e apoderados que contribuíron a que a xornada electoral saíse perfecta, e sobre todo ás persoas que nas distintas parroquias de Carnota entenderon e compartiron a nosa proposta, recuperando a confianza no BNG nunha cita complicada. Non foi posíbel acadar o máximo obxectivo, pero o BNG volve a estar de moda e moi pronto iso só pode traducirse en éxitos e cousas positivas para Carnota e para o País.
Etiquetas: , ,

Hai 2 opinións.

  1. Eu votei por primeira vez ao Bloque e non me arrepinto, estou orgulloso de formar parte dos case cen mil galegos fartos de non contar e que queremos ter voz propia.
    Outra vez teremos máis sorte.

    ResponderExcluir
  2. Gran campaña e de feito sodes os únicos que pisástedes a rúa. O traballo dará a súa recompensa, ánimo.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: