AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

03/04/2019

Manolo Souto, nº 3 do BNG Carnota

Seguimos presentando a nosa lista: tras Milucho e Belén, a primeira gran sorpresa da nova candidatura do BNG de Carnota é a incorporación de Manuel Souto Barreiro no n° 3.

Manolo Souto é veciño de Pedrafigueira e natural de Oseiro (Arteixo), aínda que é un carnotán universal pois ocupouse durante toda a súa vida da Educación de moitos de nós desde o seu posto de profesor de ensino primario no Colexio Público de Carnota ao que dedicou gran parte da súa vida, o que lle valeu ser moi coñecido e querido por sucesivas xeracións de alumnado e de nais e pais de todas as parroquias.

Non é para menos; Manolo tamén destacou sempre polo seu compromiso social e cultural, colaborando co proxecto mardelira, logrando poñer en marcha a mítica revista infantil O Moucho no colexio ou o Proxecto Carnota, iniciativa pioneira do profesorado que traballou para poñer en valor os recursos naturais, culturais, etnográficos... do noso municipio durante décadas, cando ninguén máis o facía.

Hoxe, xa xubilado, Manolo decidiu dar un paso máis no seu compromiso social apoiando o novo proxecto do BNG carnotán desde o mesmo momento que soubo que sería encabezado por Milucho Louro, con quen garda unha grande afinidade e quixo volcarse.

Desde aqui queremos agradecer a Manolo unha vida de traballo abnegado pola veciñanza de Carnota e sobre todo polo seu tesouro máis valioso, que é a súa infancia.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: