AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

20/04/2019

Jorge Fiuza, nº 8 do BNG de Carnota

No oitavo posto da lista do BNG de Carnota participará Jorge Fiuza Barreiro, veciño de Sofán (Lira) moi coñecido por traballar na gasolineira de Maceiras.

Jorge formou parte do goberno local estes 4 anos, ocupándose das áreas de xustiza social e de promoción económica. Súa foi a iniciativa para a posta en marcha dunha das medidas que sen dúbida máis impacto público subscitou neste mandato: o Banco de Leña co cal o Concello combate a pobreza enerxética da súa veciñanza facilitando leña gratuítamente cada inverno a aquelas familias de escasos recursos e ás persoas que polas súas condicións de idade e saúde non poden aprovisionarse polos seus medios.

Despois de catro anos de intensa actividade política Jorge decidiu por motivos persoais dar un paso atrás na nosa candidatura, ata un posto que está lonxe de garantir unha praza na futura corporación. Porén no BNG de Carnota sabemos que o compromiso de Jorge seguirá sendo o mesmo fóra do goberno que dentro del, e que nos seguirá axudando desde outras responsabilidades a seguir facendo de Carnota un concello mellor, máis social e máis xusto para toda a veciñanza.

Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: