Captura da app |
A aplicación xa se pode descargar na tenda de Google Play para dispositivos Android, e permite lanzar propostas ao equipo de campaña do candidato nacionalista Milucho Louro, para que as poidan sumar ao traballo de recollida de ideas que levamos un mes a desenvolver polos distintos lugares do noso Concello.
É a primeira vez que o BNG opta por unha plataforma deste tipo para comunicarse coa veciñanza, continuando coa nosa decidida aposta por Internet e as novas tecnoloxías coma un método para achegarse e contactar coa veciñanza que se atopa desprazada fóra do noso municipio. Neste eido, cabe lembrar a exitosa traxectoria das redes sociais do BNG, con perfiles en Facebook e Twitter que xa teñen unha comunidade de 1.439 e 615 persoas, respectivamente. Asi mesmo, na pasada campaña electoral de 2015 desenvolvemos por primeira vez un encontro virtual a través de Youtube coa Carnota emigrada, experiencia pioneira que agardamos poder repetir e mellorar nesta campaña.
Código QR da aplicación
Hai 0 opinións.
Publica a túa!